O Premio Planeta tamén celebra o 75 aniversario do Grupo O Premio Planeta tamén celebra o 75 aniversario do Grupo

O Premio Planeta tamén celebra o 75 aniversario do Grupo

O pasado martes 15 de outubro celebrouse a 73ª edición do Premio Planeta, coa participación de 1070 obras, unha cifra moi destacada despois do récord acadado o ano pasado con 1129 manuscritos presentados. Ademais, este 2024 conmemórase o 75 aniversario do Grupo Planeta.

O acto tivo lugar no Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC), en Barcelona, público e xurado asistiron ao evento nesta data tan sinalada relacionada co seu fundador, José Manuel Lara Herández. Este ano, ademais, acudiron a esta cena literaria os Reis e, coma sempre, personalidades do mundo político, cultural e literario. O xurado incorporou a Luz Gabás, gañadora do Premio Planeta 2022, e á académica Eva Giner.

O galardón é coñecido por divulgar e popularizar a obra e o nome de autorías españolas, e tamén pola súa dotación económica, a máis alta do mundo: 1.000.000 de euros para a obra gañadora e 200.000 euros para a finalista.

Como empresa comprometida co medio ambiente e cos avances tecnolóxicos, Grupo Planeta recolleu títulos en versión dixital e ofreceu a retransmisión do evento vía streaming nas súas páxinas web (www.premioplaneta.es, www.planetadelibros.com, www.casadellibro.com) e nas súas redes sociais (@PremioPlaneta, @Planetadelibros).