José Creuheras, premiado coa Creu de Sant Jordi José Creuheras, premiado coa Creu de Sant Jordi

José Creuheras, premiado coa Creu de Sant Jordi

O presidente do Grupo Planeta e Atresmedia, José Creuheras, foi homenaxeado coa Creu de Sant Jordi 2025 nunha cerimonia celebrada o pasado xoves 15 de maio no Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC).

O acto estivo presidido polo president da Generalitat, Salvador Illa, e pola conselleira de Cultura, Sònia Hernández, quen recoñeceu oficialmente as contribucións do empresario á promoción da cultura e o seu compromiso social.

José Creuheras iniciou a súa carreira no Grupo Planeta en 1984 e ascendeu ata a presidencia en 2015. Baixo o seu liderado, o Grupo Planeta converteuse no maior grupo editorial en lingua española e líder indiscutible do mercado hispanofalante, con presenza en máis de 20 países.

Sobre o premio, Creuheras afirmou: «significa moitísima ilusión e unha grande honra, porque é un recoñecemento para todas as persoas, as máis de 15.000 que traballan no grupo en comunicación, en Atresmedia, nas editoriais, e en educación, como Planeta Formación y Universidades. É un recoñecemento para quen traballamos por facer unha sociedade un pouco mellor».