Miga de pan
Xuño de 2024: 39 anos da portadas máis famosa de National Geographic
A portada do estoxo Capturando a alma de Steve McCurry, a última novidade de PDS, mostra a recoñecida imaxe da “nena afgá”. Esta fotografía, realizada por McCurry no ano 1984, cumpre o seu 40 aniversario.
Medio ano despois, en xuño de 1985, converteríase na portada máis famosa, recoñecida e valorizada da revista National Geographic.
Tras 39 anos, resulta difícil atopar a alguén que non recoñeza esta imaxe icónica: uns intensos ollos verdes mirando á cámara e o seu inconfundible pano vermello.
Sharbat Gula, o nome real desta nena refuxiada de Afganistán, foi atopada e identificada varios anos despois.
Este reencontro deu lugar a outra reportaxe e a un documental que contaba a fascinante historia da protagonista da que se nomeou “a fotografía máis recoñecida” da historia de National Geographic.